Recollida e procesado de información

 

A primeira das actuacións feitas consistiu na elaboración dun protocolo de ordenación, catalogación e dixitalización da documentación elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (histagra). Celebrouse un curso de formación intensiva dirixido ás persoas que ían facer os traballos de catalogación e dixitalización.

A continuación revisouse o estado físico dos expedientes o que permitiu detectar a presenza de humidades e ácaros, o que obrigou a deixar os documentos ao ar durante uns días e a facer unha limpeza a fondo dos mesmos.

Co obxectivo de proceder a realizar a catalogación da documentación foi creado este catálogo web que rexistra datos de cada arquivo caracterizados por ata vinte campos diferentes, o que permitirá a localización dos expedientes de xeito rápido e fácil, podendo facer consultas pola maioría dos campos.

Cada un dos expedientes catalogados leva un código único (sinatura), composto por números e letras. Por exemplo, os diversos compoñentes da sinatura 27/01/RN/pes/4149 representan o seguinte: 27(código da provincia) /01(fondo ou organismo produtor) /RN(sección) /pes(serie) /4149(número del monte). Durante o proceso de catalogación tamén foron seleccionados aqueles expedientes que debían ser dixitalizados, asemade incluíuse un ítem específico para indicar a existencia de fotografías en calquera dos expedientes catalogados.

Finalmente, os documentos catalogados foron introducidos (fisicamente) nas caixas de arquivo definitivo, que van numeradas correlativamente e identificadas de forma unívoca á fin de avanzar nun Arquivo histórico do monte galego.

Limpeza e desinfección