Xornadas forestales CMR (Xunta de Galicia)
Nunha sociedade europea en vías de descarbonización, o potencial de ecomateriais substitutivos baseados en madeira, en sectores tales como a construción, os téxtiles, os produtos químicos ou o envasado son un futuro irrenunciable nunha era postcovid baseada no principio “Reconstruír de novo facéndoo mellor” (“ Build back better” BBB).
As tecnoloxías dixitais, o custo decrecente do almacenamento e consumo masivo de servizos web están a introducir rapidamente unha nova forma de relacionarse coas administracións públicas. Por este motivo a administración forestal galega, en aplicación do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 "Cara á neutralidade carbónica" ten emprendido unha estratexia de “Dixitalización & Descarbonización” (D&D) con tres obxectivos claros:
1) Usar a tecnoloxía para acelerar os procesos produtivos do sector forestal, incentivando a simplificación administrativa, mediante ferramentas que permitan a incorporación ou o consumo masivo da información necesaria para a realización de trámites legais. Entendendo o uso que brindan estas tecnoloxías como unha ferramenta e nunca como un fin en si mesmo, é innegable que a eficiencia e a redución de tempos que provoca a dixitalización masiva impacta directamente na conta de resultados das explotacións forestais e ao longo de toda a cadea monte-industria.
2) Empoderar aos silvicultores e ás súas agrupacións como un dos alicerces fundamentais fronte ás oportunidades e retos que o Pacto Verde Europeo e a transición á bioeconomía circular xa están a demandar.
3) Tomar decisións correctas e para iso é necesario dispoñer de datos, información, coñecemento e sabedoría dixital. O Inventario Forestal Continuo de Galicia ( IFCG) proporcionará unha información adaptada aos montes de Galicia, non só explorando a caracterización de especies e variables dasocráticas deles senón que poñerá tamén o foco na dispoñibilidade do recuso e os servizos que presta desde un punto de vista legal, tecnolóxico e sociodemográfico (perfil persoas titulares).
Neste contexto, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) quere convidarlles a unhas videoxornadas que se celebrarán os vindeiros días 16.03.2022 e 18.03.2022. A información detallada en materia de contidos así como o proceder para a súa inscrición poderaa consultar no documento axunto. Rogamos a súa máxima difusión.
Videojornadas forestales Conselleria Medio Rural - Xunta de Galicia.pdf