Chega a Sambreixo a información histórica almacenada no viveiro de Foncuberta (Os Milagros, Ourense)

10/02/2022
Hoxe foi trasladada a información histórica do Servizo provincial de montes de Ourense que se atopaba almacenada no viveiro de Foncuberta, preto dos Milagros (Baños de Molgas, Ourense) ao viveiro de Sambreixo (Guitiriz, Lugo) onde se atopa o persoal que está a catalogar e dixitalizar o FDMG.
A información histórica do monte de Galicia estase a reunir á fin de poder, nun futuro, crear o Arquivo histórico do monte galego, onde toda a información física estea catalogada e arquivada.